Portada

O voluntariado social

Un camiñar compartido

XERAIS
9788483026571
Gallego
ENSAIO
Ensayos

Sinopsis

Neste tempo de recoñecemento do voluntariado, o autor propón nun mesmo texto ensaístico un manifesto a prol do voluntariado, unha análise crítica deste fenómeno, unha caixa de ferramentas para animadores e responsables de voluntariado, e, se non abondase, unha achega conceptual novidosa sobre o pensamento social en Galicia. Unha obra con vontade explícita de intervención que ao mesmo tempo que ilusiona critica; unha obra ao tempo instrumental e teórica sobre o voluntariado social concibido e pensado dende Galicia como unha achega necesaria a un proxecto de humanización da convivencia planetaria. Unha proposta ética sobre un camiño posible para a humanización da convivencia.González Avión propón nesta segunda entrega da serie XERAIS ENSAIO, bebendo das fontes da democracia cristiá, da socialdemocracia e das novas ideas da democracia radical e participativa, unha reflexión crítica sobre a natureza e sobre a articulación social do voluntariado, sexa en relación ao Estado e ao Mercado, sexa na correlación entre as organizacións e as persoas, reparando en diversoas aspectos desta práctica socialmente transformadora: a sensibilización, a convocatoria, a acollida, a maduración persoal e grupal, a formación e sobre todo a profundización sobre a experiencia e as relacións interpersoais. E esta crítica a realiza González Avión dende o marco apaixonado do compromiso persoal e social: un paixón que nos leve a comprometer a vida e a procurar a xustiza.