Portada

Xogando con gatos

XERAIS
07 / 2015
9788499148816
Gallego
BIBLIOTECA DRAMATICA GALEGA
20
Literatura infantil: de 0 a 12 años

Sinopsis

Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. E a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural -aínda conservando este toda a xeografía do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo.
Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón de ser.