Portada

Conversa con Xosé Chao Rego

Dende a Serra de Meira á Guarda mareira

XERAIS
07 / 2002
9788483028292
Gallego
CRONICA
Biografías

Sinopsis

Este libro de conversas ten dous intensos motivos. Un é o pequeno gran planeta Irimia, esa corrente, movemento colectivo que cumpre vintecinco anos de existencia e que foi xerando un xeito singular de estar e ser desta Terra neste tempo. Un estilo de vivir, en boa sincronía, coma cousas que deitan da mesma fonte primordial, a identidade galega e a experiencia crente. O outro é o seu protagonista formal, unha persona entrañable, creadora, entregada a causas xustas, que acreditan a calidade humana do que con elas se compromete. Na aproximación a Irimia batemos con Xosé Chao Rego. No achegamento a Pepe Chao descubrimos Irimia. E a partir de aí, paseniñamente, vanse debullando, desde a descrición do anecdótico a momentos de conmovedora e íntima introspección, as claves que fan posible unha vida e unha experiencia tan atractiva, desconcertante e tenra coma a de Xosé Chao Rego.O presente libro, preparado polo sociólogo e membro de Irimia Daniel López Muñoz, constitúe un longo diálogo cun transgresor, un percorrido polo periplo vital dun home que nunca estivo no sitio correcto, un itinerario dende a serra de Meira á Guarda mareira, metáfora evocadora da rota vital do río Miño, que foron facendo Pepe Chao e o movemento Irimia, os dous protagonistas do volume. Nesta conversa, Xosé Chao Rego, vai abordando os temas claves do seu pensamento: dende o nacemento do movemento e da revista Irimia nas fontes da galeguidade, a súa acción pastoral na parroquia de Santa Mariña do Vilar, a súa participación política; a súa concepción da Igrexaa súa dimensión de ensinante contaxioso; ata a súa visión da fe, en tempos de liberdade e secularidade. O libro complétase con pequenas ilustracións de palabra e recordo dun fato de bos amigos.. Inclúe, tamén, unha boa cantidade de fotografías e documentos, así como unha completa biobliografía da obra de Xosé Chao Rego, de quen se ten dito é a persoa que máis leva escrito en galego na enteira historia de Galicia.