Portada

Exercicios de estilo

XERAIS
9788475079141
Gallego
NARRATIVA

Sinopsis

Nos Exercicios de estilo, que verqueron para o galego os prestixiosos traductores Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos, o autor pon sobre a escena todo un coro de personaxes que interpreta, a modo de composición musical, a mesma corta anécdota contada de 99 maneiras distintas. Rexistros idiomáticos, xéneros literarios, xogos de palabras, situacións persoais, perspectivas narrativas, recursos estilísticos, niveis sociais e outros diferentes enfoques mestúranse e organízanse nunha obra que sería errado considerar coma unha simple proeza lingüística, unha pura demitificación literaria ou un mero virtuosismo compositivo.En palabras do traductor, Henrique Harguindey:Estando presentes a creación verbal, a enxeñería matemática, o retrato social, o distanciamento expositivo e tantos outros ingredientes, o conxunto forma unha obra superior, que ten como resultado o que autor queria conseguir: " desincrutar a literatura das súas diferentes ferruxes, das súas costras, desincrustar a literatura das cousas futíles que con frecuencia non vemos " .A través destes Exercicios de estilo, Quenau destripa a linguaxe para examinar o seu funcionamento desarticulando e articulando as súas pezas. E sobre todo, xoga e ri. Porque quere poñer de manifesto que a linguaxe é unha fonte de pracer. Que a lingua, á par doutras funcións, ten tamén unha función lúdica.