Portada

Comentarios de textos populares e de masas

XERAIS
9788475077802
Gallego
LINGUA E LITERATURA

Sinopsis

Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores comentarios de textos literarios galegos contemporáneos, sete en prosa e sete en verso, que exemplifican diversos métodos e enfoques de análise, coa fin de contribuír a desenvolver unha práctica crítica e docente tan importante para a nosa cultura como para o noso ensino. Así, aparecen investigacións fundadas na interpretación ecdótica, na erudición documental, nos métodos de análise intratextual (estilístico, estructural, semiótico, narratolóxico, recepcional, pregmático) e nos enfoques de carácter extratextual (intertextual ou comparado, histórico-literario, histórico-social, antropolóxico-etnográfico, ideolóxico-filosófico, biográfico-psicolóxico). Deste xeito, importantes autores de textos poéticos (Rosalía, Pondal, Curros, Pimentel, Aquilino, Ferreiro, Tovar), narrativos (Castelao, Otero, Cunqueiro, Ferrín), ensaísticos (Dieste, Manuel Antonio) e teatrais (Blanco Amor) son comentados por estudiosos é profesores tan diversos como Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde, Arcadio López Casanova, Carmen Blanco, Anxo Tarrío, Darío Villanueva, Luís Miguel Fernández, Arturo Casas, Ricardo Carvalho Calero, Mª Carme Ríos Panisse, Xosé Manuel Salgado, Claude Henri Poullain, Andrés Torres Queiruga e Luís Alonso Girgado.