Portada

Homes de tras da Corda

XERAIS
9788483025895
Gallego
PETO

Sinopsis

Publicados por vez primeira en 1982 e reeditados en tres ocasións, esta nova edición de Contos de tras da corda, dentro da colección Xerais Peto, constitúe un acontecemento a celebrar. Esta primeira obra en lingua galega de Carlos G. Reigosa, un dos nosos grandes narradores das dúas últimas décadas, foi valorada unanimemente pola crítica.Así para o escritor Alfredo Bryce Echenique: "foi un pracer ler estes contos, que me trouxeron ecos de grandes literaturas".Para o xornalista Juan Soto: "Os contos de Homes de tras da Corda empatan coa tradición narrativa galega ó noso xuízo máis valiosa, na que ademais de A lus do candil de Anxel Fole, habería que incluír os Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo, Dos arquivos do trasno de Dieste, Retrincos de Castelao, e, posiblemente, algunhas páxinas do xa inencontrable O vello mariñeiro toma o sol de Eugenio Montes".Para Valentín Paz Andrade: "O narrador de Homes de tras da Corda forxa unha prosa fluída de alta transperencia semántica, de autenticidade inobxectable".Para o xornalista Perfecto Conde: "Reigosa recupera un vello estilo de contar historias, entroncado ao mesmo tempo cunha tradición doutros países e doutras persoas, como pode ser o caso do mexicano Juan Rulfo".Para Dorinda Castro Soliño: "As aldeas reciben -cal Macondo, sorprendido ante a chegada do xeo- os últimos adiantos tecnolóxicos que transforman a súa/nosa maneira de vivir (...) o autor actúa como un demiurgo no topos ou mundo literario que el recrea".