Portada

Labregos con ciencia

XERAIS
06 / 2006
9788475076454
Gallego
UNIVERSITARIA
Ensayos

Sinopsis

O sector agrario e o mundo labrego, pese a perderen importancia relativa na Galicia actual, seguen a ser decisivos dende o punto de vista económico e social, pero están sometidos a unha conxuntura de cambios que demanda solucións para evitar perigos evidentes. O despoboamento, cos problemas ecolóxicos q ue o acompañan, ou vivir dos subsidios non son alternativas razoables para unha sociedade que se resiste con obstinación a abandonar o seo rural no que se formou. ¿Sobra poboación activa? ¿Qué producir? Neste brumoso contexto, avanzar na definición de necesidades e respostas esixe aportacións a distintos niveis, e tamén dende a Historia Agraria.Neste libro queren clarexarse algúns aspectos da historia máis recente da agricultura galega que poden desentolda-las análises sobre as posibilidades dun sector cara ó que a sociedade moderna ten desconfianzas non xustificables.A capacidade de modernización demostrada por determinados sectores da sociedade rural do primeiro tercio do século XX, discute a vella idea do atraso e representa un dinamismo non valorado que tamén forma parte da nosa bagaxe histórica.