Portada

Folerpas de Novoneyra

Biografía e antoloxía

XERAIS
04 / 2010
9788499141220
Gallego
MERLIN 11 ANOS
ESPAÑA
Literatura

Sinopsis

Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha porta para entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas, de anécdotas simpáticas, dunha linguaxe asequible e dunha aproximación amigable aos seus poemas, visitamos a palabra e o tempo de Novoneyra, O Courel, a súa infancia, a Guerral Civil, a escritura dÆ Os Eidos, os días de Brais Pinto en Madrid, o compromiso coa lingua, a súa amizade con María Mariño, o Novoneyra beat do 68, a caligrafía, os seus libros infantís, Compostelaà Unha biografía e unha antoloxía de Uxío Novoneyra para lectores e lectoras de todas as idades. Un libro de divulgación imprescindible para coñecer a figura das Letras Galegas 2010.