Casa de palla, casa de madeira, casa de pedra e ladrillo...
 Diferentes materiais para tres porquiños ben distintos entre si
 -un moi preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballadorque,
 nembargantes, teñen unha cousa en común: o medo ao lobo.
 Un conto popular inglés de estrutura repetitiva que invita a ler,
 contar, soprar e resoprar, nunha noite de inverno á calor do fogar;
 como fixeron os protagonistas cando venceron a adversidade.
 "Os tres porquiños" evoca a evolución do ser humano,
 dende a inmadurez inicial ata a condición de adulto,
 coa aprendizaxe que conleva a superación dos problemas
 que se van presentando ao longo da vida. Os pequenos lectores
 serán quen de extraer as súas propias conclusións da historia.