Portada

A rolda nocturna

Waters, Sarah Traducción: Almazán García, Laura
GALAXIA
01 / 2010
9788498652505
Gallego
BIBLIOTECA COMPOSTELA
ESPAÑA
Literatura

Sinopsis

A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozos que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras inglesas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar. Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008