Portada

Como calquera outro día

GALAXIA
12 / 2005
9788482888538
Gallego
LITERARIA
Literatura

Sinopsis

A novela que se recupera no 2005 na colección literaria amosa algún dos trazos definitorios que a obra que Camilo Gonsar publicaría posteriormente. Unha primeira novela dunha madureza abraiante, que conta o deambular dun estudante galego polas rúas de Madrid nos prieiros meses do ano 1959, itinerancia na que se insiren interferencias do seu pasado, lembranzas que xorden na memoria do protagonista e serven para acentuar a dimensión temporal, na que o autor quere salientar a importancia que cada día da vida ten valor de seu. Andar dialogar e pensar son os tres eixos dunha narración que prefigura a orixinalidade e singularidade que acada a obra literaria de Gonsar no contexto da narrativa galega contemporánea. A novela xorde das coincidencias, das encrucilladas no espacio e no tempo, dos cuzamentos de vidas nunha narración dialogada, escrita sen srestas, e que expón un relato que ilumina pouco a pouco os matices dalgúns dos enigmas da existencia.