Portada

A edicion da Poesia Trobadoresca en Galiza

BAIA
08 / 2026
9788496893658
Gallego
Baia Ensaio
Últimos 60 días

Sinopsis

Por iniciativa dos editores desta publicación, integrantes do Grupo Universitario de Investigación de Lingü¡stica Histórica e de Ecdótica (GUILHADE) da Universidade da Coru?a, co apoio da Conseller¡a de Cultura da Xunta de Galicia, celebrouse, na Illa de San Simón, durante os d¡as 22 e 23 de xu?o de 2006, o I Coloquio sobre Cr¡tica Textual. "A Edición da Poes¡a Trobadoresca en Galiza".

Nas súas sesións de traballo, debate e intercambio cient¡fico, prolongadas en repetidos encontros posteriores, xeráronse de inicio os diferentes traballos dos participantes que agora felizmente ve?en a lume nesta monograf¡a, as¡ como tamén se elaborou a proposta dunhas Normas de edición para a poes¡a trobadoresca galego-portuguesa medieval, aqu¡ reproducidas en apéndice nas súas versións galega e inglesa.

E de xustiza agradecer o esp¡ritu de traballo e de concordia con que esta proposta foi constru¡da polos investigadores do sistema universitario galego intervinientes, as¡ como a receptividade da Conseller¡a de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar tanto aquela iniciativa como esta publicación.

As achegas dos diferentes investigadores galegos agora publicadas son unha mostra evidente de que, naquelas terras en que hai uns oito séculos se desenvolveu unha das máis relevantes escritas trobadorescas europeas, se continúa o labor de investigación e recuperación deste patrimonio literario-cultural de carácter universal.

En verdade, coidamos que un dos valores do conxunto dos cap¡tulos agora publicitados é o da súa diversidade de intereses: desde reflexións sobre a aplicación das novas tecnolox¡as á edición e os estudos de carácter editorial-interpretativo de diversos textos, até estudos por volta de cuestións lingü¡sticas ou métricas. Todos e cada un deles abordando aspectos de relevo no ámbito da poes¡a trobadoresca medieval, tanto na súa vertente profana como nas Cantigas de Santa Maria.

Desexamos, por un lado, que o rigor das aportacións individuais aqu¡ recollidas promovan unha produtiva discusión sobre os varios asuntos visados e, por outro lado, que o afán construtivo que presidiu a elaboración da proposta normativa editorial permita a súa aceptación como base firme para unha convención xeral de todas as persoas que traballan no ámbito da edición e do estudo da poes¡a trobadoresca galego-portuguesa.