Nesta novela nárranse pouco máis de dúas décadas da vida de Chinto, un rapaz de Outeiro, aldea perdida nas monta?as de Lugo, que nos descubre a súa infancia, o seu mundo cheo de acontecementos que intenta comprender serv¡ndose do modelo de conduta que lle fornece o pai e que non é outro que o do seu bisavó homónimo, conquistador inesgotábel de mulleres, aventureiro, pirata, amante clandestino fuxido ao Brasil de forma intempestiva, sen ter chegado a co?ecer o seu único fillo lex¡timo. Retrátase o mundo que rodea ao cativo, as persoas e sucesos que marcan a súa maneira de contemplar a realidade, a escola, a relixión, o amor, un amor inconveniente que o ata ao lugar de nacenza e do que acabará fuxindo. Abandonará a aldea coa finalidade de esquecer o limitado mundo de relacións restrinxidas. Co?ecerá a vila mari?eira de Cedeira, xente diversa, un mundo diferente, de mar aberto, antes de marchar ao Brasil, fuxindo de amores impos¡beis e coa finalidade de encontrar o home que foi a súa referencia vital. Ao longo da novela co?eceremos as vidas das distintas persoas que se sitúan arredor de Chinto.