Portada

A Coruña liberal. 1808-1874

BAIA
07 / 2026
9788496526006
Gallego
Baía Ensaio
últimos 15 días

Sinopsis

A Coru?a goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas históricas, complementado cun interesante e ilustrador prólogo do historiador e Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Na historia de Espa?a que transcorreu entre as significativas datas de 1808 -inicio do liberalismo- e 1874 -inicio da restauración- diferéncianse con claridade unha serie de per¡odos marcados pola existencia ou ausencia de liberdades e dereitos pol¡ticos, e que se manifestaban especialmente na vixencia ou suspensión do sistema constitucional. A través da actividade do Concello coru?és pódese seguir puntualmente a sucesión de acontecementos que marcaron os cambios de rumbo na pol¡tica espa?ola neste per¡odo, destacando a súa aposta decidida en varios momentos para iniciar ou contribu¡r loita polas liberdades. Porén, non se trata neste estudo, de presentar a historia pol¡tica espa?ola a través dunha selección documental coru?esa, senón de destacar o papel desempe?ado polas autoridades municipais e a cidadan¡a naqueles momentos máis significativos que permitiron cambios de carácter progresista e democrático, ofrecendo, como contraste, a actuación de Corporacións contrarias a estes principios e idearios.

As fontes utilizadas son todas elas de carácter primario, é dicir, coetáneas dos feitos, e consérvanse, agás escas¡simos casos, no Arquivo Municipal da Coru?a. Trátase basicamente de textos de carácter pol¡tico que responden a catro tipos de documentos: bandos, proclamas, manifestos e actas de acordos da corporación municipal.

Todo o anterior fai deste libro, que abre a colección "Retallos da nosa historia", unha obra de grande importancia e interese para a divulgación da "pequena historia" da cidade da Coru?a, co interese engadido de presentarnos os nomes das persoas de máis influencia da época.