Portada

O TOMBO DE SAMOS

e outros documentos da casa de Sámanos

CANELA
10 / 2025
9788409754823
Gallego

Sinopsis

O Tombo, chamado tamén Libro Becerro, é un atado de pergameos medieval no que o ama nuense de Samos recopilou as copias de documentos xurídicos e administrativos, como privi lexios reais, bulas, adquisicións, doazóns, trocos, inventarios, propiedades e outra documenta ción importante do mosteiro e a súa área de influenza co obxectivo de ter control, salvagardalos e previrse contra o natural deterioro ou desaparición dos mesmos. Desaparecida esa colección diplomática nos anos da Desamortización, e descoñecido o seu paradeiro, froito da casualidade xurdida da cega furia dos ventos foi a recuperación do Tombo de Samos, pasando tan preciado tesouro a formar parte dos fondos do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela o ano 1984. Publicados os seus documentos, e algúns outros, no seu orixinal latín medieval baixo a dirección do profesor Manuel Lucas Álvarez, ofrécese agora unha versión en língua galega, realizada por Xaime Felix López Arias, do felizmente recuperado Libro Becerro, no desexo de permitir que co seu coñecemento sexamos partícipes dos valores que ao longo dos séculos con formaron as comunidades habitadoras nos mosteiros, mosteirolos e priorados nos que exerce ron autoridade os abades samonenses. O libro que agora se publica en galego, vai acompañado por un mapa en tamaño A2 no que aparece identificado o territorio que abarcaba o propio couto de Samos, inicialmente cun xiro de milla e media que se iría ampliando ao pouco tempo polo suroeste, e os mosteiros nomea dos no Libro Becerro, que foron esmorecendo e pasaron a seren priorados, igrexas parroquiais, ermidas ou simples referencias toponímicas, que o coñecemento do contido dos documentos medievais permite sinalar onde se achaban. Completan a publicación unha serie de imaxes de pergameos medievais e fotografías que axudan a entender o período no que se foron realizando os diferentes documentos incluídos no libro.