Volveredes brindar por min

Unha biografía de Begoña Caamaño

GALAXIA
01 / 2026
9788411765893
Gallego
LETRAS GALEGAS
última semana
Método idiomas, filología y lingüística

Sinopsis

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos unha biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación. Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.