Portada

Magic Animals: A invasión das ras xigantes

TRIQUETA VERDE
04 / 2026
9791387501594
Gallego
MAGIC ANIMALS
última semana
INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS

Sinopsis

Magic Animals mergúllanos nun mundo onde os animais non son simples compañeiros, senón gardiáns dun segredo que pode cambialo todo. Misterio, maxia e amizade únense nunha historia pensada para lectores que buscan emoción e aventuras que os fagan sentir parte dun universo extraordinario. No segundo volume, unha ameaza inesperada altera o equilibrio da academia: unha misteriosa invasión de ras xigantes pon en perigo todo o que coñecen. O que parecía un incidente illado convértese axiña nun problema de dimensións maiores, obrigando aos protagonistas a actuar con rapidez e a confiar máis ca nunca no poder que os une aos seus animais. Esta vez, o perigo é visible, inmediato e moito máis difícil de deter.A MAXIA TEN NOVAS REGRAS Magic Animals é unha serie de aventuras ambientada nunha academia secreta onde un grupo de nenos descobre que posúe poderes vinculados a animais máxicos. Cada libro desenvolve unha misión concreta, un enfrontamento claro e unha ameaza que avanza dentro dunha trama continuada. A estrutura en capítulos curtos e a presenza de ilustracións facilitan a lectura autónoma e favorecen a fidelización. A edición en galego incorpora ao catálogo unha saga internacional xa consolidada e con continuidade asegurada.