Portada

AS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS

XERAIS
05 / 2019
9788491215301
Gallego
BIBLIOTECA DRAMÁTICA
Narrativa

Sinopsis

«Ás oito da tarde, cando morren as nais», peza teatral de AveLina Pérez, achéganos un canto coral sustentado no absoluto baleiro, explotando as posibilidades do xogo escénico desde unha concepción aberta do espazo e cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.
Aquí, a procura da identidade individual amparada na masa, superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos...