«O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos
 composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns
 nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística
 ?a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas
 cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can?
 pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os
 personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes,
 galiñas, canguros? Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo
 seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas.