Portada

NACIONALISMO E IMPERIALISMO IBD

LAIOVENTO (IBD)
9788484873846
Gallego
Política

Sinopsis

Nacionalismo e Imperialismo
(e outros escritos ).
"Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos
seus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restrición
algunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes
circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É
iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o
caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis
enfáticamente. íNON!".
O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por James
Connolly no Worker\\\\\'s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril
dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámase
a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na
loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso.
Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas
angarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nas
xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do
nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran
1.351 compatriotas seus.
James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados,
Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran na
trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista "radical", tiña
daquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano:
unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto.
Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante,
en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañouno
a pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualifica
de arrogante -ou mesmo provocadora-- ou de antiga farsa, a actitude
duns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e o
voto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logo
Xosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.