Portada

Eduardo Pondal, o cantor do eido noso IBD

LAIOVENTO (IBD)
05 / 2017
9788484873617
Gallego
ENSAIO
Ensayos

Sinopsis

Edicións Laiovento comprácese en pór a disposición da cidadanía galega
e do público en xeral unha monografía centrada en Eduardo
Pondal e a súa obra, nun ano en que se celebra o centenario da morte
do autor do Himno Galego.
O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados
sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos
25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente). Estas páxinas de
investigación, estudo e reflexión son acompañadas por apéndices que
recollen unha selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán
e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada
ao poeta por La Voz de Galicia.
«Temo non existir na memoria dos homes para quen os meus tempos
serán os tempos antigos», dixo o poeta nunha determinada altura
da súa vida. Que o centenario da morte de Eduardo Pondal sirva para
reler, repensar e reinterpretar a súa mensaxe, facéndoa presente na
Galiza de hoxe e do futuro.