Portada

A MORTE DO MEU PAI

HERCULES EDICIONES
05 / 2017
9788494650260
Gallego
Novela

Sinopsis

A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas).

Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.

Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores farán seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.